Últimas noticias de Galicia

Máis de 500 comercios galegos impulsan medidas de modernización tecnolóxica co apoio de Economía e Industria

A Consellería vén de conceder axudas por preto de medio millón de euros coas que se contribúe á mellora competitiva do comercio de proximidade a través da incorporación das tecnoloxías da información e a comunicación e o fomento do comercio electrónicoFinánciase ata o 75% do custe das actuacións, entre as que destacan a adquisición de equipamento tecnolóxico e a creación de páxinas web&nb

A Consellería de Medio Ambiente eliminou tres puntos de vertido nos concellos de Arteixo, Oleiros e Cambre

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de eliminar tres puntos de vertido na zona da Coruña, concretamente nos concellos de Arteixo, Oleiros e Cambre, evitando así a contaminación do encoro de Meicende, da ría da Coruña e do río Mero, respectivamente.

Fomento formaliza el contrato para la ejecución de diversas operaciones de conservación y explotación en carreteras de A Coruña

El Ministerio de Fomento, según publica hoy el Boletín Oficial del Estado (BOE), ha formalizado el contrato de servicios para la ejecución de diversas operaciones de conservación y explotación en carreteras de A Coruña. El importe del contrato adjudicado es de 4.571.445,41 euros.

O PIB galego rexistrou no terceiro trimestre taxas positivas por primeira vez desde o ano 2011

A economía galega rexistrou taxas positivas de crecemento durante o terceiro trimestre do ano, o que supón que, por primeira vez dende o ano 2011, o Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia medra en comparación co trimestre anterior. Así mesmo, a economía galega tivo unha evolución interanual mellor que a estatal, o que lle permite manter o diferencial positivo co conxunto de España.

A Xunta destina máis de medio millón de euros ao fomento de 41 iniciativas empresariais galegas lideradas por mulleres

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar na súa edición de hoxe a resolución das axudas do Programa Emega, polas que se achegan a 41 iniciativas empresariais lideradas por mulleres máis de medio millón de euros, cofinanciados polo Fondo Social Europeo.

Conde salienta que acordos como o asinado por Barreras e Pemex reflicten a confianza e a solvencia do naval galego

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, sinala no Parlamento que a entrada da petroleira na empresa viguesa garantirá carga de traballo para o estaleiro e para o sector. Destaca que o Goberno galego está sendo proactivo na procura de solucións para Navantia 

Un total de 100 desempregados de Ponteareas beneficiaranse do plan integrado de emprego financiado pola Xunta

A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, visitou hoxe esta iniciativa que posibilitará aos participantes que acaden a inserción laboral, a través dun itinerario integral que combina accións como a información, a orientación, o asesoramento, a formación, a práctica laboral, ou a intermediación coas empresas.

Belén do Campo participa na reunión do padroado da Fundación Ortegalia, que aprobou o seu plan de actividades para 2014

A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, e o alcalde de Ortigueira, Rafael Girón, presidiron a reunión ordinaria do padroado da Fundación Ortegalia, na que se aprobaron as liñas de traballo da entidade para o vindeiro ano