X

Uso de cookies:Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia de navegación y ofrecer contenidos y publicidad de interés. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

Enviar nota de prensa

Síguenos en:

Twitter NotasDePrensa Facebook NotasDePrensa RSS NotasDePrensa
NotasDePrensa

El medio n° 1 de notas de prensa en España

A Consellería de Medio Ambiente eliminou tres puntos de vertido nos concellos de Arteixo, Oleiros e Cambre

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de eliminar tres puntos de vertido na zona da Coruña, concretamente nos concellos de Arteixo, Oleiros e Cambre, evitando así a contaminación do encoro de Meicende, da ría da Coruña e do río Mero, respectivamente.

Publicado en el en Galicia por

Kit de Medios

Nota de Prensa
descargar pdf descargar doc

Compartir

Santiago, 7 de decembro de 2013.- 

Augas de Galicia, a través dos técnicos do Plan de Control de Vertidos (PCV), constataron nunha inspección recente a eliminación dun punto de vertido que afectaba ao encoro de Meicende, no ámbito territorial do Concello de Arteixo. O vertido de augas residuais se realizaba a un solar contiguo ao encoro, e procedía da arqueta de acometida de augas residuais dun edificio da zona á rede municipal.

As actuacións iniciáronse tras detectar persoal dependente de Augas de Galicia o punto de vertido, tras unha denuncia previa dun particular. Os técnicos dependentes do ente autonómico, detectaron o punto de vertido e identificaron a súa orixe na arqueta de conexión das augas residuais xeradas nun edificio coa rede municipal, que tiña importantes danos estruturais ao ter sido afectada por un derrube na beirarrúa. O persoal inspector procedeu á toma de mostra do vertido, confirmando a súa natureza contaminante, e requiriu ao Concello de Arteixo, como titular da rede de augas residuais existente na zona, a emenda do vertido.

Recentemente, o persoal de Augas de Galicia, tras varias visitas de seguimento á zona, comprobou nunha nova inspección que o vertido foi emendado, tras levarse a cabo actuacións na acometida do edificio á rede de saneamento. Queda desta forma eliminado un foco de contaminación nas inmediacións do encoro de Meicende.

Oleiros
Técnicos do Plan de Control de Vertidos (PCV) de Augas de Galicia constataron nunha inspección recente a eliminación dun punto de vertido que afectaba ao rego de Bastiagueiro, procedente dunha estación de servizo localizada na zona de Montrove, termo municipal de Oleiros.

O punto de vertido fora detectado con anterioridade polos técnicos dependentes de Augas de Galicia, no transcurso dunha inspección rutineira. O persoal inspector detectou que as augas residuais da explanada de surtidores, máis as procedentes do túnel de lavado, eran tratadas nun separador de hidrocarburos, dende o cal se producía o vertido por infiltración ao terreo, nas inmediacións do rego de Bastiagueiro.

A raíz da detección do vertido, o persoal dependente de Augas de Galicia, xunto a técnicos do Concello de Oleiros, levou a cabo unha nova inspección á estación de servizo, instando ao titular á eliminación do vertido, xa que non contaba con autorización administrativa. Recentemente, o persoal inspector comprobou que o titular optou por conectar as augas residuais coa rede de saneamento con depuración final na EDAR de Bens, quedando así eliminado o punto de vertido ao Dominio Público Hidráulico.

Cambre
Augas de Galicia confirmou a eliminación dun foco de contaminación no lugar de Quintán, parroquia de Cecebre, no Concello de Cambre. O vertido de augas residuais se producía ao río Brexa, afluente do Mero, e procedía dunha vivenda unifamiliar.

O punto de vertido fora detectado nunha inspección previa levada a cabo polo persoal dependente de Augas de Galicia. Os técnicos localizaron o foco contaminante e confirmaron que procedía dunha vivenda particular, polo que procederon a realizar unha inspección ao punto con técnicos do Concello de Cambre, coa fin de que dende esta administración se instara ao titular da vivenda a conectarse coa rede de saneamento existente na zona, e que ten por destino a estación depuradora de augas residuais de Bens.

Os técnicos dependentes de Augas de Galicia, realizaron recentemente unha nova visita á zona, confirmando coa titular da vivenda que o punto de vertido foi eliminado, tras conectar as augas residuais anteriormente vertidas, coa rede de saneamento.
 

Datos de contacto

Xunta de Galicia

Si deseas solicitar mas información sobre esta nota de prensa puedes hacerlo en el siguiente enlace:

Más Información
Notas de Prensa Relacionadas