X

Uso de cookies:Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia de navegación y ofrecer contenidos y publicidad de interés. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

Enviar nota de prensa

Síguenos en:

Twitter NotasDePrensa Facebook NotasDePrensa RSS NotasDePrensa
NotasDePrensa

El medio n° 1 de notas de prensa en España

O PIB galego rexistrou no terceiro trimestre taxas positivas por primeira vez desde o ano 2011

A economía galega rexistrou taxas positivas de crecemento durante o terceiro trimestre do ano, o que supón que, por primeira vez dende o ano 2011, o Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia medra en comparación co trimestre anterior. Así mesmo, a economía galega tivo unha evolución interanual mellor que a estatal, o que lle permite manter o diferencial positivo co conxunto de España.

Publicado en el en Galicia por

Kit de Medios

Nota de Prensa
descargar pdf descargar doc

Compartir

Santiago, 28 de novembro de 2013.- Segundo os datos publicados hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE) correspondentes ao terceiro trimestre de 2013, o PIB galego rexistrou unha variación intertrimestral do 0,1%. Este dato coincide co comportamento do PIB estatal no mesmo período, e significa que por terceiro trimestre consecutivo a evolución intertrimestral é mellor que no período anterior.

Os datos do IGE tamén indican que a evolución da economía galega no último ano segue a ser mellor que a do conxunto do Estado. De feito, a evolución interanual do PIB autonómico no terceiro trimestre (-0,9%) foi dúas décimas mellor que a media española
(-1,1%), polo que o diferencial positivo mantense respecto ao segundo trimestre.

Ademais, o comportamento interanual da economía galega segue mellorando respecto aos meses anteriores. O dato do terceiro trimestre en Galicia é medio punto mellor que no segundo trimestre e sete décimas mellor que no primeiro trimestre. Por iso, as cifras feitas públicas hoxe polo IGE mostran que se está a producir un cambio de tendencia na economía galega, e que a Comunidade galega afronta o inicio da recuperación económica.

Galicia vén mantendo o diferencial positivo en todo este 2013 e tamén pechará o ano en mellor posición que España, cumprindo as previsións para o presente exercicio. Ademais, a estimación para o 2014 indica que a economía galega seguirá tendo mellor comportamento que a media estatal, e que o PIB galego recuperará taxas interanuais positivas.

Segundo o IGE, as exportacións de bens e servizos no terceiro trimestre do ano medraron en Galicia un 9,6% en comparación co mesmo período do ano pasado, mentres que o sector primario rexistrou taxas positivas por primeira vez dende 2012.

Datos de contacto

Xunta de Galicia

Si deseas solicitar mas información sobre esta nota de prensa puedes hacerlo en el siguiente enlace:

Más Información
Notas de Prensa Relacionadas