X

Uso de cookies:Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia de navegación y ofrecer contenidos y publicidad de interés. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

Enviar nota de prensa

Síguenos en:

Twitter NotasDePrensa Facebook NotasDePrensa RSS NotasDePrensa
NotasDePrensa

El medio n° 1 de notas de prensa en España

Belén do Campo participa na reunión do padroado da Fundación Ortegalia, que aprobou o seu plan de actividades para 2014

A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, e o alcalde de Ortigueira, Rafael Girón, presidiron a reunión ordinaria do padroado da Fundación Ortegalia, na que se aprobaron as liñas de traballo da entidade para o vindeiro ano

Publicado en el en Galicia por

Kit de Medios

Nota de Prensa
descargar pdf descargar doc

Compartir

 

Ortigueira, 27 de novembro de 2013.- A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, e o alcalde de Ortigueira, Rafael Girón, presidiron a reunión ordinaria do padroado da Fundación Ortegalia, na que se aprobaron as liñas de traballo da entidade para o vindeiro ano.

O obxectivo da programación da fundación será no 2014 continuar coa posta en valor do patrimonio cultural, etnográfico e histórico da comarca do Ortegal e o desenvolvemento de iniciativas destinadas a actualizar permanentemente os contidos do museo Ortegalia. Así, no encontro deuse luz verde a máis de 30 actividades, entre as que destacan 18 propostas formativas e divulgativas e 12 exposicións temporais dirixidas ao público. Ademais, apostouse pola incorporación de novas temáticas á oferta de iniciativas históricas e medioambientais, co ánimo de captar novos públicos.

Na mesma liña, e polo seu carácter estratéxico, desde a fundación destácase a posta en marcha do “Espacio Artegalia”, un proxecto destinado a abrir as instalacións do museo Ortegalia a todos aqueles artistas que desexen expoñer temporalmente a súa obra. A iniciativa pretende dar a coñecer e promocionar a obra de sete artistas e, en paralelo, renovar de forma continuada os contidos do centro como acción dinamizadora e potenciadora da repetición de visitas.
 

Datos de contacto

Xunta de Galicia

Si deseas solicitar mas información sobre esta nota de prensa puedes hacerlo en el siguiente enlace:

Más Información
Notas de Prensa Relacionadas