X

Uso de cookies:Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia de navegación y ofrecer contenidos y publicidad de interés. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

Enviar nota de prensa

Síguenos en:

Twitter NotasDePrensa Facebook NotasDePrensa RSS NotasDePrensa
NotasDePrensa

El medio n° 1 de notas de prensa en España

Conde salienta que acordos como o asinado por Barreras e Pemex reflicten a confianza e a solvencia do naval galego

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, sinala no Parlamento que a entrada da petroleira na empresa viguesa garantirá carga de traballo para o estaleiro e para o sector. Destaca que o Goberno galego está sendo proactivo na procura de solucións para Navantia 

Publicado en el en Galicia por

Kit de Medios

Nota de Prensa
descargar pdf descargar doc

Compartir

Santiago, 27 de novembro de 2013.- O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe no Parlamento que a Xunta segue a impulsar novas oportunidades para o ao naval galego con máis posibilidades de contratación para consolidar o sector, con acordos como o asinado onte entre Barreras e Pemex. Tal e como asegurou o conselleiro, a entrada da petroleira non só reforza a posición de Barreras, garantindo carga de traballo para empresa e para o sector, senón que reflicte a “solvencia e a confianza no sector naval galego e nos nosos estaleiros”.

Do mesmo xeito, Conde sinalou que este acordo supón un paso importantísimo dentro da alianza estratéxica con Pemex, que xa trae importantes beneficios para Galicia con contratos asinados para Barreras e Navantia ou o acceso a participar na contratación da renovación da flota menor de Pemex.

O conselleiro lembrou que o apoio da Xunta ao sector naval “é máis que un compromiso e así o temos demostrado”. Neste sentido, Conde referiuse a feitos concretos como o novo Fondo de Garantías Navais, a articulación do novo tax lease, xa operativo, ou a unidade de acción entre as administracións e os axentes implicados a nivel nacional, así como o paquete de medidas de apoio á contratación activado polo Goberno central.

Conde, que sinalou como fundamental apoiar aos estaleiros no acceso ao financiamento, ten apoiado a estaleiros en dificultades; ademais de incentivar a innovación como estratexia competitiva, fomentar a internacionalización, apoiar dinámicas de cooperación empresarial ou mellorar a formación especializada.

O conselleiro lembrou que o Goberno galego está sendo proactivo na procura de solucións para Navantia, co envío de propostas para o Plan Estratéxico da compañía ou co apoio á construción do dique flotante.

Conde, que asegurou que é preciso abordar a situación do naval galego con realismo e determinación para garantir o futuro do sector, asegurou que o Goberno galego traballa para que os estaleiros galegos, sexan públicos ou privados, consigan aproveitar o seu verdadeiro potencial na procura dun sector naval que xere emprego e riqueza para os galegos.
 

Datos de contacto

Xunta de Galicia

Si deseas solicitar mas información sobre esta nota de prensa puedes hacerlo en el siguiente enlace:

Más Información
Notas de Prensa Relacionadas