X

Uso de cookies:Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia de navegación y ofrecer contenidos y publicidad de interés. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

Enviar nota de prensa

Síguenos en:

Twitter NotasDePrensa Facebook NotasDePrensa RSS NotasDePrensa
NotasDePrensa

El medio n° 1 de notas de prensa en España

O CCVV rubrica a prórroga do convenio con Novagalicia Banco para facilitar o acceso ás vivendas aos seus adxudicatarios

Publicado en el en Galicia por

Kit de Medios

Nota de Prensa
descargar pdf descargar doc

Compartir

  • María José Bravo Bosch e o director territorial de Novagalicia Banco, Walter Álvarez, rubricaron hoxe a prórroga do convenio
  • María José Bravo Bosch e o director territorial de Novagalicia Banco, Walter Álvarez, rubricaron hoxe a prórroga do convenio
  • María José Bravo Bosch e o director territorial de Novagalicia Banco, Walter Álvarez, rubricaron hoxe a prórroga do convenio

Vigo, 3 de decembro de 2013.- A delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, e o director territorial de Novagalicia Banco, Walter Álvarez, rubricaron hoxe a prórroga do convenio marco de colaboración que xa tiñan e co que se pretende seguir facilitando a concesión de hipotecas aos adxudicatarios das Vivendas de Protección Autonómica (VPA) de prezo concertado rehabilitadas polo organismo e que seguen a poñerse no mercado na actualidade.

Tras a sinatura do convenio, Bravo Bosch agradeceu á Novagalicia Banco o seu interese por sumarse novamente a esta iniciativa da que xa se beneficiaron distintos adxudicatarios e que se puxo en marcha o ano pasado. Precisamente, Novagalicia Banco foi a primeira entidade financeira que quixo materializar co CCVV este convenio para facilitar a concesión de hipotecas nos tempos actuais de crise.

O organismo -participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello de Vigo- decidiu dar resposta á demanda dos propios adxudicatarios das vivendas que non o tiñan fácil á hora de conseguir as súas hipotecas.

A través do documento asinado durante un acto celebrado esta mañá na Delegación Territorial da Xunta, Novagalicia Banco comprométese a seguir adiante coa asignación dunha persoa para coordinar as oportunas operacións financeiras, ao tempo que tamén seguirá a comisión de seguimento do convenio para o seu correcto cumprimento.

O convenio materializado ten unha duración dun ano, podendo ser prorrogado por idénticos períodos previo acordo das partes.

Novagalicia Banco é a primeira entidade en prorrogar o seu convenio. A día de hoxe seguen operativos outros dous máis, o de BBVA e de Kutxabank. Precisamente, o resultado atopado coa aplicación destes 3 convenios de colaboración é moi positivo, xa que un 80% das hipotecas firmadas polos adxudicatarios das vivendas rehabilitadas polo CCVV foron con ditas entidades financeiras.

De o documento asinado hoxe e do resto poderán beneficiarse non so os adxudicatarios das 12 VPA sorteadas o pasado mes de setembro por parte do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), senón ademais todos os vigueses e viguesas que queiran mercar algúns dos pisos aínda baleiros e que poden ser adquiridos mediante adxudicación directa, e tamén de protección.

 

Datos de contacto

Si deseas solicitar mas información sobre esta nota de prensa puedes hacerlo en el siguiente enlace:

Más Información
Notas de Prensa Relacionadas