X

Uso de cookies:Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia de navegación y ofrecer contenidos y publicidad de interés. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

Enviar nota de prensa

Síguenos en:

Twitter NotasDePrensa Facebook NotasDePrensa RSS NotasDePrensa
NotasDePrensa

El medio n° 1 de notas de prensa en España

A Xunta destina máis de medio millón de euros ao fomento de 41 iniciativas empresariais galegas lideradas por mulleres

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar na súa edición de hoxe a resolución das axudas do Programa Emega, polas que se achegan a 41 iniciativas empresariais lideradas por mulleres máis de medio millón de euros, cofinanciados polo Fondo Social Europeo.

Publicado en el en Galicia por

Kit de Medios

Nota de Prensa
descargar pdf descargar doc

Compartir

Santiago, 28 de novembro de 2013.- Entre as iniciativas beneficiadas atópanse negocios relacionados coa consultaría, coaching e formación, centros psicolóxicos, locais de hostalería, academias, comercios, salóns de beleza ou servizos de enxeñería. Entre outros motivos, estas empresas cumpren co requisito imprescindible de crear emprego feminino por conta propia e allea.

O obxectivo deste programa é potenciar o emprendemento feminino para que as mulleres se integren no sector produtivo galego poñendo en marcha, mellorando e consolidando as súas iniciativas empresariais a través de catro liñas de actuación.

A liña Emprende estimula a creación de empresas por parte de mulleres; o plan Innova finanza iniciativas de innovación en proxectos empresariais; Activa trata de reactivar e consolidar os proxectos que debido a crise sofren dificultades de mantemento e Concilia promove programas de apoio á conciliación da vida laboral coa persoal e familiar.

Dende o ano 2009, a Secretaría Xeral de Igualdade leva investidos no Proxecto Emega máis de tres millóns de euros, un investimento que ten permitido crear máis de 400 postos de traballo feminino.

Datos de contacto

Xunta de Galicia

Si deseas solicitar mas información sobre esta nota de prensa puedes hacerlo en el siguiente enlace:

Más Información
Notas de Prensa Relacionadas