img

O desenvolvemento da ferramenta dixital foi posible grazas aos Fondos de Recuperación de Próxima Xeración da Unión Europea e facilitará o traballo dos equipos educativos e persoal de servizos en centros residenciais para nenos nenas e adolescentes

A Fundación Aldaba lanza a aplicación GESPRO, financiada polo Fondo Europeo de Recuperación, Transformación e Resiliencia, Unión Europea-Next Generation EU, no marco da súa estratexia dixital e no marco do proxecto "Aldaba Digital: Transformándonos e empoderando persoas".

GESPRO é unha aplicación especialmente deseñada para facilitar e axilizar a xestión dos procesos laborais e da documentación en centros residenciais de infancia e adolescencia con medidas de protección (guarda ou tutela). A implantación desta ferramenta dixital facilita aos equipos educativos e ao restante persoal o rexistro de toda a documentación necesaria dunha forma práctica e sinxela. Os datos administrativos dos centros, expedientes e intervencións son xestionados a través de GESPRO.

Un paso máis cara á transformación dixital Desenvolvido nunha contorna web, GESPRO permite unha xestión áxil da axenda dos centros, facilitando o rexistro centralizado da información relevante sobre todo o que acontece con cada neno, nena ou adolescente e optimizando os procesos de intercambio de información entre os diferentes profesionais de cada Centro. Isto resulta de gran utilidade dado que se trata de centros nos que a intervención se realiza as 24 horas do día, todos os días do ano e, polo tanto, participan diferentes profesionais en diferentes quendas que teñen a necesidade de estar continuamente actualizados sobre o que está a suceder nas quendas anteriores.

A ferramenta inclúe un módulo específico para xestionar as incidencias relacionadas coa convivencia ou co Plan Educativo Individualizado de cada residente, que se complementa cun sistema de xestión de medidas correctoras que son definidas polos equipos educativos e supervisadas e validadas pola Dirección do Centro. A dixitalización destes procesos permitíu aos Centros gañar unha salientable eficiencia.

GESPRO tamén permite definir e controlar a execución de tarefas comúns relacionadas con calquera aspecto da vida cotiá do Centro e os seus procesos de traballo e xestionar a administración da medicación con seguridade.

Finalmente, a mesma aplicación actúa como repositorio documental dando acceso á documentación dixitalizada de nenos, nenas e adolescentes e aos documentos de xestión incluídos no Sistema de Xestión da Calidade, ISO 9001, da Fundación Aldaba.

Posta en marcha na Fundación Aldaba Galicia  A ferramenta dixital GESPRO implantouse ata o momento nos dous programas de infancia da Fundación Aldaba en Galicia: Casa Familia de Vilagarcía de Arousa e Centro o Seixo de Vigo. O primeiro ofrece atención residencial en réxime xeral a 7 nenos e nenas de entre 6 e 18 anos, ademais de 1 en réxime especial. Pola súa banda, o segundo ofrece atención residencial en miniresidencia a 15 nenos, nenas e adolescentes de 3 a 18 anos e atención diúrna a outros 5 nenos e nenas.

Sobre a Fundación Aldaba A Fundación Aldaba é unha entidade privada, sen ánimo de lucro e independente, fundada en 1999 coa finalidade de contribuír á mellora e desenvolvemento social das persoas máis vulnerables. Actualmente desenvolve as súas actividades nas áreas de Apoio e Tutela a Persoas Adultas con Discapacidade, Protección de Menores, Emancipación, Inserción Sociolaboral de Persoas con Discapacidade e Violencia de Xénero en Galicia, Baleares e Comunidade de Madrid.