X

Uso de cookies:Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia de navegación y ofrecer contenidos y publicidad de interés. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

Enviar nota de prensa

Síguenos en:

Twitter NotasDePrensa Facebook NotasDePrensa RSS NotasDePrensa
NotasDePrensa

El medio n° 1 de notas de prensa en España

A UE escolle Galicia como exemplo para presentar ao resto de países o proceso de implantación dos grupos de acción local do sector pesqueiro

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro participou esta semana nun seminario organizado por Farnet en Bruxelas

Publicado en Santiago de Compostela el en Galicia por

Kit de Medios

Nota de Prensa
descargar pdf descargar doc

Compartir

A Consellería do Mar, a través da dirección xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, explicou ao resto de países da Unión Europea o proceso de implantación en Galicia dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro ou GALP (coñecidos no período 2007-2013 como Grupos de Acción Costeira ou GAC). A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo, participou esta semana en Bruxelas nun seminario organizado por Farnet no que se explicou o proceso de selección dos GALP e os plans de avaliación das súas estratexias na nosa comunidade.

Na conferencia, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e persoal do seu departamento trasladáronlle ao resto de países da UE que a Xunta de Galicia puxo en marcha estes grupos coa participación dos axentes locais de todas as zonas. Tamén se lle explicou que a Consellería do Mar apoiou esta posta en funcionamento a través de guías e xornadas técnicas e de animación para formar aos candidatos seleccionados como GALP e orientalos de cara á elaboración das estratexias que deben presentar antes de desenvolver os seus proxectos.

Ademais, na conferencia as autoridades de Farnet puxeron como exemplo a seguir para o resto de países a Guía que elaborou a Consellería de novos retos dos GALP para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco da política comunitaria FEMP 2014-2020. Esta guía é unha ferramenta para o proceso de elaboración de estratexias que ofrece aos GALP e a potenciais promotores de proxectos un manual coas liñas de actuación.

No encontro participaron as autoridades de xestión do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) pertencentes ao eixo 4 deste fondo, relativo ao desenvolvemento sustentable das zonas de pesca mediante o Desenvolvemento Local Participativo. Tamén asistiron os organismos intermedios de xestión das distintas Comunidades Autónomas.

GALP
A nosa comunidade foi a primeira de España en constituír estes colectivos. Así, a finais de xaneiro quedaron seleccionados os 7 GALP (Golfo Ártabro Norte, A Mariña Ortegal, Costa da Morte, Ría de Muros-Noia, Ría de Arousa, Ría de Pontevedra e Ría de Vigo-A Guarda). A Consellería do Mar fixo pública nesta data unha resolución por cada un dos grupos na que se especificaba o ámbito territorial, as obrigas básicas de xestión, a aprobación das estratexias e as asignacións económicas xerais.

Cabe lembrar que a finais de febreiro a Consellería do Mar e os GALP asinaron uns convenios de colaboración por importe de máis de 48 millóns de euros, co obxecto de desenvolver as súas estratexias de desenvolvemento local participativo no período de programación do FEMP.

Farnet
É un organismo da Comisión Europea para asesorar na implementación das medidas europeas para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca, dentro do marco do eixo 4. A entidade organizou este seminario co obxecto de servir de apoio a todos os organismos intermedios no proceso de implantación deste eixo do FEMP no relativo ao financiamento dos GALP e intercambiar experiencias, entre outras cuestións.

O contido desta noticia foi publicado primeiro na web da Xunta de Galicia

Datos de contacto

Si deseas solicitar mas información sobre esta nota de prensa puedes hacerlo en el siguiente enlace:

Más Información
Notas de Prensa Relacionadas