X

Uso de cookies:Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia de navegación y ofrecer contenidos y publicidad de interés. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

Enviar nota de prensa

Síguenos en:

Twitter NotasDePrensa Facebook NotasDePrensa RSS NotasDePrensa
NotasDePrensa

El medio n° 1 de notas de prensa en España

Feijóo destaca que, cando remate o ano, as prazas destinadas ás persoas con discapacidade se terán incrementado nun 20%, tras a creación de preto de 850 desde abril de 2009

Publicado en el en Galicia por

Kit de Medios

Nota de Prensa
descargar pdf descargar doc

Compartir

Sada (A Coruña), 26 de setembro de 2014.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, adiantou hoxe que, ao remate de 2014, as prazas para as persoas con discapacidade se terán incrementado nun 20%, tras a creación de preto de 850 novas desde abril de 2009. Así o subliñou durante a inauguración das novas instalacións do Centro de Educación Especial de ASPACE en Sada, dirixido aos nenos e mozos afectados por parálise cerebral.

Na súa intervención, o mandatario galego reiterou o compromiso da Xunta de cara a garantir mellores servizos para as persoas con discapacidade, o que se ten traducido no incremento do número de prazas públicas destinadas a este colectivo: desde a chegada ao Goberno máis de 700, un 16% máis das que había en abril de 2009. E un compromiso que se vai seguir reforzando porque, segundo avanzou, antes de que finalice o ano poñeranse en marcha 140 novas prazas de atención diúrna para este colectivo. “Así pois, e a pesar da crise económica, a finais de 2014 teremos creado case 850 para persoas con discapacidade, un 20% máis das que atopamos á nosa chegada”, aseverou. Deste xeito, na actualidade Galicia conta con 5.000 prazas dirixidas a este colectivo e sostidas con fondos públicos.

Tras referise á partida dedicada este ano á discapacidade, máis de 97 millóns de euros -case un 6% máis que en 2013-, Feijóo explicou que o Executivo galego está a desenvolver unha política en materia de discapacidade “transversal”, deseñada desde unha perspectiva global. Unha óptica horizontal que ten en conta tanto o incremento no número de prazas, como a calidade dos servizos prestados, a inserción laboral ou o marco normativo.

“Poñemos o acento en garantir a máxima calidade e eficiencia nos servizos que lle ofrecemos aos usuarios”, e este é o “principal cometido da Carteira de Servizos para a Dependencia”, abundou Feijóo, lembrando que esta carteira se puxo en marcha hai un ano, tras moitos meses de diálogo coas entidades do terceiro sector. Unha iniciativa que, dixo, “pretende confeccionar un traxe á medida de cada usuario”, ao establecer un catálogo específico de prestacións para cada tipoloxía de discapacidade e ao ampliar o número de servizos e adecualos ás necesidades reais dos seus beneficiarios. Este é o primeiro paso do novo modelo de carteiras, ao que lle seguirán nos vindeiros meses a de Familia e Infancia; a de Persoas con Autonomía; e a de Servizos de Inclusión.

Canto á integración laboral deste colectivo, Feijóo destacou que en 2014 se reforzou nun 8% a dotación económica para os programas de emprego para a discapacidade, aos que se destina unha partida de 17,4 millóns de euros.

No que atinxe á mellora do marco lexislativo, o xefe do Executivo galego recordou a aprobación, a finais do pasado ano, do Decreto de atención temperá, que mellora a coordinación e a eficiencia na atención aos nenos que máis o precisan; que nestes momentos se está a traballar na redacción dos protocolos que desenvolven este decreto e na ampliación da rede de centros de atención temperá; e que antes de que finalice o ano estará aprobada a nova Lei de accesibilidade –en pleno proceso parlamentario-, que aposta pola consecución dunha accesibilidade “universal” que contribúa a superar o tradicional concepto de barreiras arquitectónicas.

O presidente da Xunta destacou o traballo que, ao longo dos seus 37 anos de existencia, vén realizando ASPACE-Coruña a prol das persoas con parálise cerebral; e cualificou a organización como un “referente” na materia, non só na área da Coruña e da súa comarca, senón en toda Galicia.

O centro de ASPACE inaugurado hoxe,dispón de 8 aulas de educación especial destinadas a cubrir as necesidades de aprendizaxe dos nenos e mozos de 0 a 21 anos afectados por parálise cerebral. Neste momento, o centro ten concertadas 6 unidades coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, atende 21 alumnos de idades entre os 6 e os 20 anos, cunha ratio por aula de 3-5 alumnos.

Datos de contacto

Si deseas solicitar mas información sobre esta nota de prensa puedes hacerlo en el siguiente enlace:

Más Información
Notas de Prensa Relacionadas