X

Uso de cookies:Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia de navegación y ofrecer contenidos y publicidad de interés. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

Enviar nota de prensa

Síguenos en:

Twitter NotasDePrensa Facebook NotasDePrensa RSS NotasDePrensa
NotasDePrensa

El medio n° 1 de notas de prensa en España

Cultura e Educación apoia máis de 50 proxectos municipais para dotación de equipamento e mellora das instalacións culturais

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia un total de 53 proxectos municipais a través da liña de subvencións destinada aos concellos de Galicia e ás súas entidades públicas para a dotación de equipamento e a mellora das condicións das instalacións onde levan a cabo a súa programación cultural.

Publicado en el en Galicia por

Kit de Medios

Nota de Prensa
descargar pdf descargar doc

Compartir

Santiago, 25 de setembro de 2014.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia un total de 53 proxectos municipais a través da liña de subvencións destinada aos concellos de Galicia e ás súas entidades públicas para a dotación de equipamento e a mellora das condicións das instalacións onde levan a cabo a súa programación cultural.

Cunha partida económica de 300.000 euros, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), as axudas, que van desde 553 a 25.242 euros, destínanse principalmente á dotación de equipamento de iluminación, de son, audiovisual, escénico e informático, á renovación de mobiliario, á eliminación de barreiras arquitectónicas, á mellora nas condicións de accesibilidade e á instalacións de medidas de seguridade en centros socioculturais e cívicos, auditorios, aulas culturais, edificios multiúsos e mais casas da cultura.

Dinamización cultural no conxunto do territorio
O ‘Diario Oficial de Galicia’ (DOG) publica hoxe a resolución destas axudas da Secretaría Xeral de Cultura, convocadas en réxime de concorrencia competitiva, que teñen como obxectivo mellorar as condicións das instalacións e locais dos concellos para optimizar a prestación da súa programación cultural e acadar, deste xeito, unha ampla dinamización cultural no conxunto do territorio de Galicia.

O desenvolvemento desta liña de subvencións contribúe este ano á mellora de espazos de programación cultural nos concellos de Carnota, Baralla, O Rosal, Sober, Santiso, Ames, O Carballiño, Maceda, Zas, Ferrol, Xinzo de Limia, Nogueira de Ramuín, Dumbría, Rodeiro, Ribeira, Oia, Vila de Cruces, Vimianzo, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez, Dodro, Xove, Monterroso, O Valadouro, Pedrafita do Cebreiro, Porto do Son, Culleredo, Neda, Cambre, Narón, Trasmiras, A Guarda, Carballo, Cerceda, Boiro, Outeiro de Rei, Redondela, Laxe, Ribas de Sil, Cariño, Lugo, Santiago de Compostela, Vilagarcía de Arousa, Arteixo, Boborás, As Neves, Cospeito, O Porriño, Outeiro de Rei, Malpica e Valga, e mais na mancomunidade Terra de Celanova.

Apoio á rede cultural galega
Os concellos constitúen axentes principais na oferta cultural que se vén programando no conxunto do territorio galego. Para impulsar a creación e promover e difundir a cultura nos seus diversos campos e manifestacións, Cultura e Educación desenvolve diversas iniciativas no marco das súas políticas de apoio. Unha das accións fundamentais nesa dirección é a convocatoria desta liña de axudas específicas, coas que as corporacións locais e as súas entidades públicas reciben apoio para abrir as súas ofertas culturais aos novos campos da cultura, e facilitar así o reequilibrio territorial na distribución cultural.

Datos de contacto

Si deseas solicitar mas información sobre esta nota de prensa puedes hacerlo en el siguiente enlace:

Más Información
Notas de Prensa Relacionadas