X

Uso de cookies:Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia de navegación y ofrecer contenidos y publicidad de interés. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

Enviar nota de prensa

Síguenos en:

Twitter NotasDePrensa Facebook NotasDePrensa RSS NotasDePrensa
NotasDePrensa

El medio n° 1 de notas de prensa en España

O valor económico das descargas de bonito do norte en Galicia subiu un 5% respecto de 2013 acadando máis de 7,8 millóns de euros

O valor económico das descargas de bonito do norte en Galicia subiu un 5% respecto de 2013, acadando a día 13 de agosto deste ano máis de 7,8 millóns de euros. Este valor correspóndese coas descargas de máis 2.200 toneladas desta especie, que se incrementaron nun 9% respecto do mesmo período do ano anterior.

Publicado en el en Galicia por

Kit de Medios

Nota de Prensa
descargar pdf descargar doc

Compartir

Santiago, 14 de agosto de 2014.- O valor económico das descargas de bonito do norte en Galicia subiu un 5% respecto de 2013, acadando a día 13 de agosto deste ano máis de 7,8 millóns de euros. Este valor correspóndese coas descargas de máis 2.200 toneladas desta especie, que se incrementaron nun 9% respecto do mesmo período do ano anterior. Esta madrugada a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, acompañada do secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, visitou a lonxa de Burela para asistir á poxa coincidindo coa campaña do bonito. A esta visita tamén asistiu o secretario general de Pesca do MAGRAMA, Andrés Hermida.

No caso de Burela, este ano as descargas son de arredor de 1.300 toneladas, o que se traduce nun valor económico de máis de 4,6 millóns de euros. Neste sentido, a titular de Medio Rural e Mar destacou que o bonito do norte representa para a frota de Burela e para boa parte da de Galicia unha das capturas estacionais máis importantes. Ademais, sinalou, a súa descarga nos portos permítenos poñer a disposición dos consumidores un produto saudable que conxuga unha calidade inmellorable e un sistema de captura respectuoso co medio natural.

A conselleira lembrou ademais o apoio da Consellería á promoción desta especie a través da campaña publicitaria Faino Bonito que ten como obxectivo fomentar o consumo de bonito do norte fresco. Unha das accións desta campaña é a distribución nos portos de descarga galegos de elementos identificativos consistentes en etiquetas plásticas dun só uso que se colocan en cada exemplar de bonito. No ano 2013 utilizáronse máis de 200.000 precintos e está previsto que este ano se superen as 300.000 unidades. O obxectivo destas etiquetas de cor verde é garantir a identificación e orixe artesanal da pesca dos bonitos que chegan aos puntos de venda.

Axudas á transformación e comercialización
Trala visita á lonxa, a titular de Medio Rural e Mar e o secretario general de Pesca do MAGRAMA, trasladáronse ás instalacións de Pescados Rubén en Foz para coñecer o seu funcionamento. Esta empresa, que ten oficinas en diferentes partes do noroeste peninsular, dedícase á transformación e envasado de peixe conxelado.

A conselleira lembrou durante a visita que precisamente a empresas coma esta a Consellería do Medio Rural e do Mar destina axudas para a transformación e a comercialización de produtos da pesca marisqueo e acuicultura e na convocatoria deste ano destina 47 millóns de euros. Estas axudas, cofinanciadas polo Fondo Europeo da Pesca, teñen como finalidade potenciar a competitividade no sector procesador galego ao tempo que promove o desenvolvemento económico, social e produtivo da nosa comunidade.

Pescados Rubén ten como principal actividade o subministro a grandes áreas comerciais e mercados centrais de peixe e marisco. Para isto conta con unha sólida infraestrutura, froito do traballo desenvolvido ao longo de máis de 35 anos. Cabe destacar que no 2011 era a quinta empresa no ránking de empresas xeradoras de riqueza en función dos ingresos de explotación.

Datos de contacto

Si deseas solicitar mas información sobre esta nota de prensa puedes hacerlo en el siguiente enlace:

Más Información
Notas de Prensa Relacionadas