X

Uso de cookies:Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia de navegación y ofrecer contenidos y publicidad de interés. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

Enviar nota de prensa

Síguenos en:

Twitter NotasDePrensa Facebook NotasDePrensa RSS NotasDePrensa
NotasDePrensa

El medio n° 1 de notas de prensa en España

A Xunta de Galicia autorizou xa neste ano 2014 a contratación de 306 docentes para cubrir as necesidades do sistema universitario de Galicia

Publicado en el en Galicia por

Kit de Medios

Nota de Prensa
descargar pdf descargar doc

Compartir

Santiago, 10 de agosto de 2014.- A Xunta de Galicia, a través das consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e de Facenda, autorizaron xa no que vai do ano 2014, a convocatoria de 306 prazas para docentes e investigadores para cubrir as necesidades extraordinarias do Sistema Universitario de Galicia (SUG). A dotación excepcional e temporal de persoal realizouse ao abeiro do artigo 36 da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014, que permite disposicións específicas excepcionais á limitación contida na normativa estatal para a contratación e nomeamento de persoal temporal no sector público, dentro do que están incluídas as entidades integrantes do SUG.

A autorización excepcional destas prazas é unha nova mostra do compromiso da Xunta de Galicia coa Universidade como motor de desenvolvemento da sociedade galega do futuro. De feito, o número de contratacións excepcionais supera xa no que vai do 2014 nun 13% ás 271 realizadas en todo o ano 2013. Este número, ademais, pode incrementarse nos vindeiros meses, coas solicitudes que realicen as universidades para cubrir circunstancias sobrevidas ao longo dos primeiros meses do vindeiro curso académico.

Planificación ou circunstancias sobrevidas
De acordo coa devandita disposición da Lei de Orzamentos, as universidades tiveron a posibilidade de solicitar a provisión temporal de postos de persoal docente e investigador para dar resposta ás súas necesidades urxentes e inaprazables, fundamentalmente por dous motivos. Dunha banda, para cubrir as prazas que quedaran vacantes durante o curso por circunstancias sobrevidas, para o que se autorizaron 2 prazas. Doutra, para axustar a dedicación docente aos cambios na planificación anual das titulacións impartidas por cada universidades, para o que se autorizaron 275 prazas. Ademais, autorizáronse 21 prazas de persoal asociado de ciencias da saúde, todas elas previamente certificadas polas Comisións mixtas bilaterais Universidade - Servizo Galego de Saúde. As restantes 8 prazas ata completar o total correspóndense coa taxa de reposición do 10% das xubilacións, admitida na Lei de Orzamentos, sendo prazas de persoal funcionario ou indefinido.

Do total das 306 prazas, 106 foron para a Universidade de Santiago de Compostela (USC), 58 para a Universidade da Coruña (UDC) e 142 para a Universidade de Vigo (UVigo). Cómpre sinalar a especial sensibilidade que a Xunta tivo cos investigadores, autorizando a totalidade das solicitudes de concursos para a concurrencia de investigadores dos programas Ramón y Cajal e Parga Pondal, un total 12 de prazas para estes perfís de orientación investigadora. Delas, 9 correspondéronselle á UVigo (2 Ramón y Cajal, 7 Parga Pondal), 2 á UDC (Parga Pondal), e 1 á USC (Ramón y Cajal).
 

Datos de contacto

Si deseas solicitar mas información sobre esta nota de prensa puedes hacerlo en el siguiente enlace:

Más Información
Notas de Prensa Relacionadas