Santiago, 10 xuño de 2014.- A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo e Xestur Galicia, ofrece o solo empresarial máis competitivo da Mariña de Lugo e o Occidente de Asturias, con prezos que oscilan entre os 23 e os 57 euros o metro cadrado.

Entre os parques empresariais existentes na Mariña lucense os prezos máis baixos atópanse no de Cervo, onde a Xunta dispón de 20 parcelas a prezos que oscilan entre 23 e 53 euros o metro cadrado.

En Barreiros hai 28 parcelas dispoñibles, con prezos que oscila entre 48 e 55 euros o metro cadrado e en Foz as tres parcelas pendentes de venda van dos 55,23 aos 57,31 euros o metro cadrado.

Nos concellos do interior a Xunta ofrece solo empresarial en Lourenzá (12 parcelas entre 42,72 e 44.65 euros por metro cadrado) e o parque empresarial da Pontenova ten dúas parcelas dispoñibles a 36,51 e 40,67 euros o metro cadrado.

CONCELLO Nº PARCELAS DISPOÑIBLES SUPERFICIE TOTAL M2 PREZOS DE VENDA €/M2 Cervo 20 58.105,41 23-53 Barreiros 28 29.772 48-55 Foz 3 9.428 55,23-57,31 Lourenzá 12 13.382,46 42,72-44,65 A Pontenova 2 3.443,63 36,51-40,67 TOTAL 65 114.131,50