X

Uso de cookies:Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia de navegación y ofrecer contenidos y publicidad de interés. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

Enviar nota de prensa

Síguenos en:

Twitter NotasDePrensa Facebook NotasDePrensa RSS NotasDePrensa
NotasDePrensa

El medio n° 1 de notas de prensa en España

Feijóo destaca a aprobación dun paquete de incentivos por 50 millóns, que facilitará a empregabilidade de máis de 15.000 persoas en paro

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, tralo Consello, a aprobación dun paquete de incentivos cun investimento de 50 millóns e que facilitará a empregabilidade de máis de 15.000 persoas en paro.

Publicado en el en Galicia por

Kit de Medios

Nota de Prensa
descargar pdf descargar doc

Compartir

 

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2013.- “Estamos a falar dun investimento concreto, 50 millóns, con instrumentos claros que inclúen diversas iniciativas en materia de formación, orientación e busca de emprego, programas transversais e obradoiros de emprego, e con obxectivos prioritarios, que son todos aqueles colectivos con especiais dificultades de inserción: persoas con discapacidade, en risco de exclusión, ou mulleres vítimas de violencia de xénero”.

Máis polo miúdo, Feijóo destacou que se trata dun total de catro liñas de actuación distintas, que constitúen só unha parte de todo o investimento que realizará a Xunta en materia laboral ao longo de 2014 xa que, a estas iniciativas, sumaranse outras destinadas á mocidade, á cooperación cos concellos ou aos autónomos, entre outras.

Así, en primeiro lugar, o presidente autonómico referiuse ás axudas en materia de formación (30,3M€): “Seguimos vinculando o 100% das accións á obtención de certificados de profesionalidade. Polo tanto, os cursos de formación se substitúen por certificados que acrediten academicamente e que acrediten desde o punto de vista da formación do traballo esa cualificación”.

A previsión é que se beneficien deste programa 9.500 persoas paradas e estableceranse novas áreas prioritarias na impartición destes, concretamente: as accións formativas relacionadas cos sectores máis innovadores, aquelas que se centren na internacionalización, innovación, emprendemento e desenvolvemento tecnolóxico.

O alumnado que participe nestes cursos terá dereito a obter axudas en concepto de transporte, manutención e aloxamento. E os beneficiarios que teñan algún tipo de discapacidade poderán acceder tamén a axudas por asistencia.

No tocante ás axudas en materia de orientación (4,4M€), o titular da Xunta avanzou que se centrarán na contratación de técnicos que se encarguen de realizar o asesoramento ás empresas e ás institucións, tanto para as entidades locais, como para aquelas sen ánimo de lucro, e será por un período máximo de 12 meses. Grazas a esta convocatoria facilitarase a contratación de 231 persoas, que poderán prestar asesoramento a máis de 80.000 persoas.

En terceiro lugar, tamén se renova a aposta polos programas integrados de emprego (5,4M€), é dicir, actuacións transversais que combinan información, orientación, asesoramento ou formación. Todas estas iniciativas teñen un obxectivo de inserción mínima do 35% dos participantes, que se prevé que sexan 4.500 persoas; unha porcentaxe que o pasado ano se superou amplamente ao alcanzarse o 42% de media de inserción laboral dos participantes.

As axudas poderán ser solicitadas por entidades locais ou sen ánimo de lucro e, por primeira vez, esta convocatoria incorporará criterios de puntuación específica para primar os proxectos de xestión compartida entre varios concellos e tamén para aqueles que se desenvolvan nas provincias de Lugo e Ourense, de acordo cos Plan Impulsa.

Por último, o Consello da Xunta tamén autorizou as axudas en materia de obradoiros de emprego (10,2M€). Estes programas mixtos combinan a formación co desenvolvemento dun traballo. E a previsión é que o próximo ano beneficien a 1.300 persoas.

“En definitiva –destacou o presidente da Xunta, a modo de resumo-, no penúltimo Consello do ano queremos iniciar a execución do presuposto de 2014 a través de programas de emprego. E queremos facelo para facilitar o emprego de ata máis de 15.000 persoas con estes programas orientados a unha formación de calidade, a unha formación con certificado e, tamén, en asesoramento e obradoiros de emprego”.
 

Datos de contacto

Xunta de Galicia

Si deseas solicitar mas información sobre esta nota de prensa puedes hacerlo en el siguiente enlace:

Más Información
Notas de Prensa Relacionadas