X

Uso de cookies:Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia de navegación y ofrecer contenidos y publicidad de interés. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

Enviar nota de prensa

Síguenos en:

Twitter NotasDePrensa Facebook NotasDePrensa RSS NotasDePrensa
NotasDePrensa

El medio n° 1 de notas de prensa en España

O sector turístico galego uniuse nun clúster co obxectivo de potenciar a competitividade e a internacionalización das empresas turísticas

Nava Castro interveu hoxe na presentación do novo Clúster de Turismo de Galicia e incidiu nas potencialidades dun sector que representa o 11,5% do emprego da ComunidadeA directora de Turismo de Galicia incidiu nas vantaxes do asociacionismo para xuntar esforzos na procura de novas ferramentas que incrementen a competitividade e o posicionamento do destino 

Publicado en el en Galicia por

Kit de Medios

Nota de Prensa
descargar pdf descargar doc

Compartir

 

Santiago, 13 de decembro de 2013.- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez, o presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Francisco González López, o vicepresidente do Clúster, Hector Cañete del Campo e mais o secretario, Cesáreo González Pardal presidiron hoxe o acto constitutivo deste novo organismo sectorial. O feito de que o sector turístico galego se constitúa nesta figura implica o incremento da competitividade deste ao tempo que pon a disposición das empresas turísticas unha maior capacidade de internacionalización.

Segundo puntualizou a directora de Turismo de Galicia na súa intervención, o sector turístico constitúe un dos piares da economía galega. “Segundo os datos do último informe de IMPACTUR, a actividade xerada polo turismo en Galicia ascende a máis de 6 mil millóns de euros, o que representa o 10,6% do Produto Interior Bruto e o 11,5% do emprego”, explicou Nava Castro. Con estas cifras, indicou, podemos corroborar que o turismo “é unhas das industrias mais potentes da nosa Comunidade e un dos sectores que está sendo capaz de xerar emprego en Galicia”.

A directora de Turismo incidiu tamén en que dada a importancia estratéxica do turismo na conxuntura económica actual e pola transversalidade deste, a Xunta de Galicia aposta firmemente por este sector que está en constante movemento, que incorpora a innovación, a calidade e a competitividade ao seu modo de evolucionar e que procura a profesionalidade e a adaptación ás circunstancias a través do asociacionismo.

Neste senso, explicou que “o turismo atópase ante un escenario moito máis esixente, onde se require a máxima coordinación interadministrativa e a maior colaboración público – privada e é preciso crear sinerxías, complementariedades e unirse por un obxectivo favorable para todos”.

Turismo de Galicia instou ao sector á creación dun Clúster coma unha ferramenta indispensable para obter beneficios comúns para todos os integrantes. Deste xeito, segundo resaltou Nava Castro, perséguese o posicionamento do destino Galicia dunha maneira eficiente.

Un ano despois desa proposta, o sector turístico galego vén de constituír un Clúster que aglutina os intereses das múltiples asociacións que integran as empresas, servizos e equipamentos turísticos, así como os seus profesionais nunha única entidade. Esta figura incrementa as opcións para apostar pola internacionalización e a apertura a novos mercados e proxectos turísticos. A directora de Turismo de Galicia destacou a internacionalización no caso dun destino turístico como un factor fundamental para incrementar a súa competitividade. De igual modo, comentou que na actualidade o destino Galicia está a experimentar un incremento de cota de mercado emisor estranxeiro moi importante. As últimas cifras do INE referentes ao acumulado do ano entre xaneiro e outubro reflicten que o incremento da demanda se produce basicamente por unha mellora do turismo internacional, que acumula un crecemento do 11% no que se refire á cifra de viaxeiros aloxados nos establecementos regrados e do 8%, no que atinxe ás pernoitas.

Isto supón que o mercado internacional acada cotas nunca antes coñecidas representando o 25,3% do total de viaxeiros aloxados e o 20,7% das pernoitas. En definitiva, este segmento acada máximo histórico de viaxeiros aloxados, con algo más de 865.000 turistas estranxeiros, así como de pernoitas, rexistrando pouco máis de 1,5 millóns.

A directora de Turismo indicou que en Galicia existen produtos únicos que son “a base para darnos a coñecer no mundo”. “O Camiño de Santiago é o noso sinal de identidade, pero existen outros como o termalismo ou o turismo cultural e o enogastronómico, entre outros, que gañan adeptos día a día”, explicou.

Datos de contacto

Xunta de Galicia

Si deseas solicitar mas información sobre esta nota de prensa puedes hacerlo en el siguiente enlace:

Más Información
Notas de Prensa Relacionadas