X

Uso de cookies:Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia de navegación y ofrecer contenidos y publicidad de interés. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

Enviar nota de prensa

Síguenos en:

Twitter NotasDePrensa Facebook NotasDePrensa RSS NotasDePrensa
NotasDePrensa

El medio n° 1 de notas de prensa en España

A Xunta resolve o último concurso de traslados para a Administración Especial con case 700 prazas ofertadas

Publicado en el en Galicia por

Kit de Medios

Nota de Prensa
descargar pdf descargar doc

Compartir

Santiago, 10 decembro de 2013.- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución do concurso de traslados para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración Especial convocado en decembro de 2012 con case 700 prazas ofertadas. A anterior provisión de postos de traballo de Escalas de Administración Especial tivo lugar no ano 2004.

O concurso convocado a finais do ano pasado afecta ás Escalas de arquitectos, enxeñeiros, inspectores urbanísticos, biólogos, químicos, facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, arquitectos técnicos, enxeñeiros técnicos, subinspectores urbanísticos, axudantes de arquivos, arqueólogos, topógrafos, delineantes, a de axentes facultativos ambientais e a de axentes forestais.

Neste contexto, o número de postos ofertados polo Executivo galego dende o ano 2009 para a provisión de prazas vacantes na Administración Autonómica ascende a 6.842. Hai que destacar que a convocatoria e posterior resolución destes concursos non supuxo ningún aumento de custes nin de efectivos para a Xunta.

Elección de destino definitivo
Por outro lado, a Xunta de Galicia adxudicará inmediatamente destino a 237 aspirantes que superaron diversos procesos selectivos convocados pola Administración Autonómica.

Estes aspirantes pertencen ás seguintes escalas: 15 á de Enxeñeiros industriais; 21 a Enxeñeiros agrónomos; 14 a Enxeñeiros de camiños; 2 a Enxeñeiros de telecomunicacións; 2 a Enxeñeiros de minas; 10 a Enxeñeiros de montes; 14 a Arquitectos; 5 a Inspectores urbanísticos; 9 a Biólogos; 3 a Facultativos de arquivos; 2 a Facultativos de bibliotecas; 2 a Facultativos de museos; 6 a Enxeñeiros técnicos industriais; 18 a Enxeñeiros técnicos de obras públicas; 24 a Enxeñeiros técnicos forestais; 38 a Enxeñeiros técnicos agrícolas; 24 a Arquitectos técnicos; 12 a Subinspectores urbanísticos; 10 a Axudantes de bibliotecas e 7 á escala de Delineantes.

O DOG publicará nos vindeiros días as datas dos actos de elección de destino que se realizarán escalonadamente. Para o primeiro acto, as escalas convocadas serán as de Facultativos de bibliotecas; Delineantes, Enxeñeiros técnicos de obras públicas; Arquitectos técnicos; Enxeñeiros técnicos forestais; Enxeñeiros industriais; Arquitectos; Axudantes de bibliotecas; Inspección Urbanística e Facultativos de Arquivos.

Datos de contacto

Si deseas solicitar mas información sobre esta nota de prensa puedes hacerlo en el siguiente enlace:

Más Información
Notas de Prensa Relacionadas