X

Uso de cookies:Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia de navegación y ofrecer contenidos y publicidad de interés. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

Enviar nota de prensa

Síguenos en:

Twitter NotasDePrensa Facebook NotasDePrensa RSS NotasDePrensa
NotasDePrensa

El medio n° 1 de notas de prensa en España

Máis de 500 comercios galegos impulsan medidas de modernización tecnolóxica co apoio de Economía e Industria

A Consellería vén de conceder axudas por preto de medio millón de euros coas que se contribúe á mellora competitiva do comercio de proximidade a través da incorporación das tecnoloxías da información e a comunicación e o fomento do comercio electrónicoFinánciase ata o 75% do custe das actuacións, entre as que destacan a adquisición de equipamento tecnolóxico e a creación de páxinas web&nb

Publicado en el en Galicia por

Kit de Medios

Nota de Prensa
descargar pdf descargar doc

Compartir

Santiago, 7 de decembro de 2013.- Máis de 500 comercios de proximidade galegos están a impulsar medidas de modernización tecnolóxica co apoio da Consellería de Economía e Industria, que vén de resolver o programa de axudas por preto de medio millón de euros para contribuír á mellora competitiva do comercio de proximidade a través da incorporación das tecnoloxías da información e a comunicación.

O obxectivo principal desta iniciativa céntrase no fomento do uso de Internet e a venda on line, que facilitará aos comercios unha mellor atención ao público coa fin de incrementar as súas vendas.

Entre as accións que se apoian destacan a creación de páxinas web para favorecer o acceso do público ao produto a través do comercio electrónico, con máis de 160 actuacións, ou a adquisición de equipamento tecnolóxico ou software de xestión. As axudas comprenden o 70% das actuacións subvencionables, porcentaxe que chega ata o 75% no caso de establecementos comerciais situados en concellos de menos de 5.000 habitantes e para comerciantes ambulantes.

A posta en marcha deste programa forma parte da estratexia integral da Xunta de apoio á mellora competitiva do comercio de proximidade, que se centra en aspectos como o impulso ao asociacionismo, o apoio aos concellos na renovación das infraestruturas comerciais ou a a dinamización comercial.

 

Datos de contacto

Si deseas solicitar mas información sobre esta nota de prensa puedes hacerlo en el siguiente enlace:

Más Información
Notas de Prensa Relacionadas